BORRADOR DE ANTEPROXECTO DA LEI DE MONTES DE GALIZA
Si che apetece botarlle un ollo ao borrador con modificacións do anteproxecto da Lei de Montes de Galiza, chuza no seguinte enlace Borrador de Anteproxecto de Lei Montes Galicia (24-10-11)
Si che apetece botarlle un ollo ao borrador con modificacións do anteproxecto da Lei de Montes de Galiza, chuza no seguinte enlace Borrador de Anteproxecto de Lei Montes Galicia (24-10-11)
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro quere convidarvos á XORNADA MAR E MONTE 2011 a celebrar o vindeiro sábado 9 de xullo.
Están programadas para ese día diferentes actividades para todo tipo de públicos:
9:30 h Andaina
10:30 h Carreira (Trail)
12:30 h Entrega de premios
14:30 h Xantar popular
16:00 h Xogos tradicionais
e moitas outras sorpresas que non imos desvelar…
Toda a información na bitácora da comunidade de montes: http://sanpedro.blogaliza.org/2011/06/14/xornada-mar-e-monte-de-muro-11/ e calquera outra cousa contacta connosco a través deste correo-e.
Agradeceríamos lle dérades difusión a este evento. Graciñas de antemán e agardamos a vosa participación. Un saúdo!!!
DOG do Mércores, 13 de abril de 2011.
Orde do 6 de abril de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2011.
PODES CHUZAR NA IMAXE PARA VER A ORDE
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Decreto 44/2011, do 10 de marzo, polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.
CHUZA NA IMAXE PARA VELO DECRETO NO DOG 23/03/11
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 1 de marzo de 2011 pola que se modifica a Orde do 30 de novembro de 2010, pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción e se convocan para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia número 234, do 7 de decembro de 2010).
COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
“BARBANZA DE CAMBOÑO”
Convócanse a tódalas persoas comuneiras pertencentes á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común “Barbanza de Camboño”, á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que terá lugar segundo a seguinte convocatoria:
Día: Sábado, 19 de FEBREIRO de 2011
Hora: 09,00 horas da mañá en primeira convocatoria
Lugar: Local Social de Camboño
De non haber quórum suficiente, celebrarase ás 19,30 horas da tarde en Segunda Convocatoria, no lugar indicado cos/as comuneiros/as asistentes.
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación, se é o caso, da acta da Asemblea Anterior.
2. Aprobación se procede Balance de contas exercicio 2010.
3. Dar conta dos acordos tomados pola Xunta Reitora, e ratificación se procede.
4. Medidas a tomar contra a praga do piñeiro.
5. Dar conta das xestións e actuacións dadas en defensa da titularidade do Monte e seguintes pasos a dar.
6. Renovación se procede Convenio Gandeiros.
7. Permuta de terreo.
8. Altas e Baixas.
9. Outros asuntos de interese xeral.
10. Preguntas e propostas.
Dada a importancia dos temas a tratar, prégase a súa asistencia e puntualidade. Sen outro particular reciba un cordial saúdo.
MOI IMPORTANTE: se por calquera motivo non pode vostede (comuneiro/a) asistir á Asemblea, o seu suplente ostentará o poder de votación. Ou tamén pode delegar o voto en calquera outra persoa comuneira mediante escrito, que deberá entregar a calquera dos membros da directiva antes do comezo da mesma.
Lembre.- para que a Asemblea quede legalmente constituída, así como, para que determinados acordos sexan válidos, precísase dunha porcentaxe mínima de asistentes.
Camboño – Lousame, a 28 de xaneiro de 2011
O Presidente
A Lei 9/2010, do 4 de novembro de augas de Galicia, estabelecese o CANON da auga como tributo propio da Comunidade Autónoma de Galiza con natureza de imposto e grava o uso e o consumo de auga.
Cadro feito por “Unións Agrarias” a modo de resumo para dar unha idea.
Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes